Datos INE

29N · faltan 25 días

Verónica BarberoSumar

Diputada

«Por riba, señores do PP, señorías do PP, falan do tren na súa PNL, señorías do PP, incluso o fan sobre Cercanías. Galicia é o único territorio do Estado que non dispón propiamente dunha rede de Cercanías tras 15 anos do Goberno do Partido Popular. Tiveron algunha oportunidade polo camiño para facer algo, para dotar a Galicia dunha rede de Cercanías. Tiveron unha ministra de Fomento que é coma eu, a día de hoxe: deputada pola provincia de Pontevedra. Saben o que? A listaxe de obras de estradas, autoestradas e de desenvolvemento do tren que recolle na súa PNL? É a listaxe do que o PP non fixo en Galicia en 15 anos de Goberno; é só esa listaxe. Vouno dicir claramente: a súa PNL é hipócrita e unha farsa electoralista, porque vostedes nin lles importou nunca nin lles importa o que realmente necesita a cidadanía de Galicia. Eu confío en que ás señorías do PSOE si que lles importe. É por iso, señorías do PSOE e do PSdG, diríxome a vostedes 30 segundos. Temos que asumir que xa chegou o momento de mudar a mobilidade en Galicia, e vou ser clara: o que precisa a clase traballadora galega é dunha verdadeira rede de Cercanías, máis fiable e con máis frecuencias. Si, pero para vostedes tamén miro, porque non saben, non teñen nin idea, non lles interesa saber o que precisa a clase traballadora galega. Iso só vai ser posible se podemos facer o mantemento dos nosos trens no noso territorio. Vaille chegar ao Goberno un proxecto neste sentido por parte de Sumar e eu prégolles ter o seu apoio.»

Fragmento 2 de 7 de esta intervención.

Más de Verónica Barbero

Todo lo de Verónica Barbero

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.