Verónica BarberoSumar
Diputada
«Pero en Galicia, señorías do PP, o que precisamos é dunha mobilidade vertebradora do territorio, mobilidade. E vostedes en 15 anos fixeron unicamente dúas cousas en materia de mobilidade, e digo mobilidade porque poño no centro as persoas. Vostedes falan de infraestruturas porque é falar de empresas e UTES. O primeiro que fixeron foi pedir o AVE, que eu son moi partidaria de que o AVE chegue a toda Galicia. Por suposto, pero que o precisa realmente a xente que traballa e estudia en Galicia é dunha mobilidade colectiva e pública que lle permita chegar ao choio, porque o AVE o van usar unha vez cada catro anos para vir á capital do Estado. E o segundo que fixeron foi privatizar de maneira escandalosa e abraiante a mobilidade a través do autobús. A política do señor Feijóo e do seu herdeiro, o xestor que deixou na presidencia de Galicia, o señor Rueda, pódese resumir nunha palabra en materia de autobús: nepotismo. Parecen ignorar que en Galicia hai máis dunha empresa de autobuses; un nepotismo que á cidadanía galega nos dá noxo. Pero que, alén diso, o que ten como consecuencia é unha xestión nefasta, nefasta do transporte público porque as empresas o que poñen por diante é o beneficio, non unha calidade de servizo público. Todo isto acabouse, iso si, e nótase que teñen medo. Nótase que saben que van perder porque están regalando subvencións e bonos como non fixeron nos últimos 14 anos. De feito, o que están a facer os conselleiros é visitar na precampaña as residencias privatizadas da terceira idade; visítanas os conselleiros, porque as familias non poden visitar os residentes. Saben por que? Porque queda a hora e media. Mandáronos fóra. Necesitamos coidados de cercanía, pero imos conseguilo. Imos conseguilo porque rematou o tempo en Galicia do politiqueo, do clientelismo, na nefasta xestión desta Galicia que vostedes din que funciona. Claro. Funciona para vostedes e para os poderosos. Para eses funciona.»
Fragmento 3 de 7 de esta intervención.