Datos INE

29N · faltan 25 días

Verónica BarberoSumar

Diputada

«Muchas gracias, vicepresidente. Señorías do PP, a grave situación ambiental que se xerou en Galicia con ocasión dos vertidos dos pellets ten un único responsable: o señor Rueda. E a forma na que o PP, dende o Goberno de Galicia, xestionou esta crise resúmese á súa vez en tres palabras: inacción, improvisacións e mentiras. Cando a noticia saltou aos medios, a resposta inmediata do señor Rueda foi iniciar un debate completamente absurdo sobre que a Administración era competente para limpar as praias e augas do meu país. O certo, señorías do PP, é que o noso Estatuto de autonomía déixano moi claro nos seus artigos 28 e 29, que establecen a competencia exclusiva de Galicia en materia de verteduras industriais e contaminantes nas augas territoriais do Estado correspondentes ao litoral galego. É clarísimo que a elaboración e execución do Plan de anticontaminación correspondía e corresponde ao Goberno do señor Rueda. As súas acusacións de que o Goberno central é responsable xa non llas cre ninguén. A pesar diso, o Goberno do PP en Galicia non deixou aínda hoxe de botar responsabilidades para fóra, seguramente para xustificar, entre outras neglixencias, a tardanza na aplicación do nivel 2 de emerxencia, cando outras comunidades autónomas falou hoxe o ministro de Transporte- o fixeron durante a primeira semana da chegada das verteduras ás súas costas.»

Fragmento 1 de 9 de esta intervención.

Más de Verónica Barbero

Todo lo de Verónica Barbero

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.