Datos INE

29N · faltan 25 días

Verónica BarberoSumar

Diputada

«Lembremos que, un mes antes de que a noticia aparecese en medios, a Xunta foi avisada da vertedura, o 13 de decembro concretamente, a través da chamada dun galego ao 112. Unha das mentiras do señor Rueda: dixo que non souberon nada ata o 3 de xaneiro. Cando por fin parecía o 8 de xaneiro, case un mes despois da vertedura, que ían poñerse a traballar no problema, o seu conselleiro do Mar, o señor Alfonso Villares, ponse contacto cos concellos para dicirlles que non é posible retirar os pellets do mar. Que facemos entón, señorías? Deixámolos alí. Vostedes cren en serio que esta é a resposta que pode dar un conselleiro dunha comunidade autónoma? Fíxense: mentres o señor Rueda seguía confrontando co Goberno central, en Sumar Galicia estivemos apoiando a sociedade civil na recollida de pellets e esixindo, por escrito, ao Goberno de PP en Galicia, que contratase persoal suficiente para os labores de limpeza. Casualmente só vimos equipas enviadas pola Xunta de Galicia a unha praia cando se decataron de que ía visitala a vicepresidenta segunda do Goberno de España, xunto coa nosa Marta Lois. Aí si as vimos.»

Fragmento 2 de 9 de esta intervención.

Más de Verónica Barbero

Todo lo de Verónica Barbero

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.