Datos INE

29N · faltan 25 días

Verónica BarberoSumar

Diputada

«Señor Tellado, prégolle respecto, non por min, que nin me mira cando falo, aínda que me dirixa directamente a vostede, pero si pola cidadanía galega, porque non fomos Sumar, non foi o PSdeG, non foi o PSOE, non foi o BNG: foron as galegas e galegos as que saíron ás rúas de Santiago de Compostela o 21 de xaneiro, en contra da súa xestión, máis ben da súa non-xestión, desta situación de gravidade medioambiental. As desculpas, señor Tellado, debe darllas vostede á cidadanía de Galicia. Lonxe de afrontar as súas responsabilidades, o Goberno do PP en Galicia non só ocultou a información á cidadanía, valéndose dunha televisión autonómica que utilizan como a súa máquina de propaganda electoral, unha e outra vez; que fale vostede de electoralismo, señor Tellado, que fale vostede de electoralismo. Digo que non só fixeron iso, senón que, miren, se negaron a que o señor Rueda comparecese ante o Parlamento galego para informar das accións que estaban a levar a cabo dende a Xunta. Este é modelo de transparencia e rendición de contas que defende o PP? Pregúntollo porque aquí no Congreso só se dedican a pedir comparecencias e poñer o grito no ceo, como fixo hoxe vostede, cando non as conseguen. Nada novo baixo o sol. Xa o dixen onte: é outra mostra máis da súa hipocrisía.»

Fragmento 4 de 9 de esta intervención.

Más de Verónica Barbero

Todo lo de Verónica Barbero

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.