Verónica BarberoSumar
Diputada
«O señor Tellado, hoxe fala de electoralismo. Miren, por sorte, o desleixo, o desgoberno de Galicia están a piques de rematar. Sábeno, señorías do PP. Sábeno perfectamente que están fóra xa do Goberno de Galicia, do futuro Goberno de Coalición Progresista de Galicia e nótase porque están nerviosos. Repartiron 500 millóns de euros en 15 días. Enviaron, por favor, publicidade en forma de bolsas de agasallos coa faciana do señor Rueda ás mozas e mozos que, polas súas políticas, están a vivir e traballar fóra de Galicia. Como estas, moitas outras medidas, que son as únicas do que saben. Vostedes non fan políticas para a xente. Fan anuncios e fotos, iso hai 15 anos. 15 anos nos que perdemos 40 000 empregos industriais, nos que quedamos atrás en transición dixital e verde, nos que a vivenda pública desapareceu de Galicia e a sanidade pública loita por sobrevivir tras 15 anos de desmantelamento e maltrato. Este lamentable episodio puxo de manifesto unha vez máis a necesidade dun cambio en Galicia, un cambio que vai producirse a partir do 18 de febreiro, cando o noso país acade a mellor versión dun goberno progresista, que é a que vai contar cun Sumar forte, un goberno que por fin amose como se fan políticas valentes para mellorar a vida da xente. Grazas.»
Fragmento 5 de 9 de esta intervención.