Datos INE

29N · faltan 25 días

Verónica BarberoSumar

Diputada

«Moitas grazas, presidenta. Señor Tellado, empeza vostede a súa segunda intervención insultando o ministro do Goberno de España e, a renglón seguido, pide que non se insulte a Xunta de Galicia. Incoherencia, non. Eu penso que, outra vez, como amosou o Goberno do PP en Galicia durante 15 anos, hipocrisía e inutilidade. Non saben vostedes e as súas señorías do PP de Galicia máis que insultar porque realmente é moi complicado vir eiquí e dar a cara cando toda a xestión da vertedura polo Goberno do PP foi un absoluto desastre. Vergoña sentiamos as galegas e galegos de ver como tiñamos un Goberno moito máis preocupado en confrontar co Goberno do Estado que limpar as praias. Vostede só dixo unha verdade. En Sumar Galicia sabemos que chegou o momento de botalos do Goberno da Xunta e Marta Lois renunciou ao seu escano. Si, Marta Lois reduciu o seu escano porque sabe que chegou o momento de gobernar. De formar parte dese Goberno e coa súa capacidade de xestión de diálogo, a súa sabedoría, de facer por fin un Goberno que poña as persoas no centro en Galicia. Isto é o que imos conseguir.»

Fragmento 1 de 4 de esta intervención.

Más de Verónica Barbero

Todo lo de Verónica Barbero

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.