Datos INE

29N · faltan 25 días

Verónica BarberoSumar

Diputada

«E, miren, claro que a Sumar Galicia lle preocupa, e moito, entre outras cousas das que logo falarei, o vertido, a vertedura dos pellets. E sabe que? Que a vicepresidenta segunda non foi só a primeira ministra do Goberno que pisou unha praia en Galicia para ver os vertidos. É que o fixo antes que calquera cargo da Xunta de Galicia, que é vergoñento. Sumar Galicia está preocupada pola vertedura, por suposto que si, pero tamén pola sanidade, pola industria, pola igualdade, que non temos Consellería de Igualdade na Xunta de Galicia. Eu penso que no resto de España non se sabe isto. Estamos preocupadas polo emprego, pola mobilidade, pola xente do mar, por suposto, e pola transición xusta, verde e dixital, pero nós, señores, señorías do PP, é que non somos de preocuparnos: somos de ocuparnos. Por iso temos un proxecto de país para 10 anos. 10 anos en que pensamos acelerar todo o posible para sacar a Galicia en branco e negro de vostedes, destes 15 anos de Goberno, sacala por fin e termos unha Galicia deste século. Moitas grazas.»

Fragmento 2 de 4 de esta intervención.

Más de Verónica Barbero

Todo lo de Verónica Barbero

¿Algo mal atribuido o clasificado? Envía una corrección.